Hoxe é Martes 23 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG saca adiante a súa proposta sobre as asignacións aos grupos políticos co apoio do PP

RR_Noticias

Con tan só dous concelleiros o grupo nacionalista foi quen de impoñer a súa proposta sobre a contía económica que percibirá cada un dos grupos políticos con presenza na corporación municipal e que ascenderá a 3.600 euros brutos anuais máis 1.200 euros por concelleiro. Unha cantidade que dista da proposta defendida polo goberno local quen ascendía a 2.700 euros anuais brutos máis 300 por edil (90.000 euros menos na totalidade do mandato). A proposta do BNG foi aprobada grazas ao apoio dos 9 concelleiros do PP.

Sorpresa no último pleno municipal no que se debatía, por terceira vez, a asignación económica aos grupos políticos con presenza na corporación. A proposta defendida polo goberno local establecía 2700 euros brutos anuais máis 300 por concelleiro, manténdose así a cantidade que os grupos viñan cobrando durante o último mandato. Unha proposta que o BNG rexeitaba propoñendo que se volvera a aprobada no 2011 e na que se establecían 3.600 euros brutos anuais por grupo máis 1200 por concelleiro.  Cantidade que os nacionalistas entenden axeitada para “favorecer que os grupos políticos poidan realizar o seu traballo”. Ao tempo, o nacionalista Xoán Carlos González aproveitaba para criticar os modos da Agrupación de Electores por “existiren membros desta agrupación non electos que está realizando funcións que non lle corresponden dentro do concello”. Susana Couñago de AER defendía a proposta do goberno do que forman parte “porque é a mesma que se aprobara hai 4 anos e que se demostrou suficiente para os grupos municipais”. Respecto das críticas do Bloque sobre o proceder dalgúns dos integrantes da Agrupación de Electores dentro do concello explicaba Couñago que “AER non é de carácter personalista, hai moita xentes que está traballando con nós e que teñen que dirixirse aos traballadores municipais para realizar ese labor”. Leonardo Cabaleiro defendía tamén a proposta do goberno local que é froito do “pacto de goberno”. Sorprendía a decisión do PP de votar a favor da proposta dos nacionalistas, malia que a popular Carmen Amoedo a defendía lembrando que “se este concello esta saneado non entendemos porque non se vai aprobar a mesma proposta que saíra adiante no 2011”. Criticaban tamén ao goberno local polo seu proceder neste asunto “burláronse da oposición porque o traen con nocturnidade e alevosía, sen negociación previa malia tratarse dun goberno que está en minoría”. Dende AER xa amosaron o seu malestar por esta decisión que segundo denuncian “supón un incremento do gasto de 90.000 euros para este mandato nas asignacións que o Concello terá que facer aos Grupos Municipais, un 130% de incremento respecto da anterior” e insisten en que tanto o Interventor como o Secretario puxeron reparos á proposta que saíu adiante. Explican tamén que os populares son os máis beneficiados xa que pasan de 21.600 euros a 57.600 euros para o conxunto do mandato o que “supón un aumento na súa asignación dun 166%”. O BNG pasará de 13.200 a 24.000 euros. Incrementos que tamén beneficiarán aos dous grupos do goberno.  

Xoán Carlos González BNG
Defende recuperar as asignacións aprobadas no 2011
Susana Couñago AER
A súa proposta como grupo de goberno é manter as contías do último mandato
Leonardo Cabaleiro PSOE
os socialistas lembran que se trata dunha proposta froito do pacto de goberno
Carmen Amoedo PP
Os populares criticaron ao goberno local por non negociar este asunto coa oposición

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará