Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O goberno local confía en iniciar en dous meses as obras de recuperación do Cemiterio dos Eidos

RR_Noticias

O proxecto redactado polo arquitecto Ángel Santorio conta co informe favorable dos servizos técnicos municipais así como coa correspondente autorización de Patrimonio. Esta mesma semana arrancarán os trámites para adxudicar esta actuación que busca recuperar, rehabilitar e mellorar os elementos que conforman este cemiterio dos Eidos. O goberno local estima que as obras deberían comezar nun prazo aproximado de dous meses.

Esta actuación figuraba como un dos puntos clave no programa electoral do actual goberno municipal e sobre o mesmo foran presentadas mocións ante o pleno na anterior lexislatura. Trátase dun proxecto cofinanciado polo Fondo Europeo mediante o Programa Operativo Feder de crecemento sostible 2014-2020.
A obra trata de recuperar e por en valor o espazo do Cemiterio de Eidos para conseguir unha total rehabilitación do recinto mediante actuacións que se centran en resolver as problemáticas apreciadas nos diferentes elemento que o configuran, dende os muros exteriores que o delimitan, pavimentos interiores, zonas axardinadas, peches, elementos ornamentais, instalacións e servizos urbanos, así como favorecer a accesibilidade universal mediante a realización de actuacións na súa totalidade.
A Alcaldesa, Digna Rivas, critica que o goberno do PP mantivera este expediente “incomprensiblemente paralizado”, xa que durante un período superior a un ano non se procedeu a realizar ningún trámite no mesmo.
Engade Rivas que non sería ata a chegada do novo goberno cando se procedeu a retomar a tramitación do expediente redactándose os correspondentes pregos e elaboráronse os informes de intervención e secretaría, entre outros.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará