Hoxe é Luns 11 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Pazos de Borbén F.S. pelexará en Gondomar pola seguinte ronda da Copa con numerosas baixas

RR_Noticias

Moi complicada se presenta a eliminatoria de oitavos de final ante o Coperfi Cereixa Gondomar, que se disputa mañá sábado, ás 18.00 horas. Os de Fran Amoedo viaxan con 7 baixas, pero o técnico confía en que o equipo competirá “a bo nivel” grazas aos xogadores do filial e os xuvenís que se incorporan ao equipo.

Desde o club de Pazos tentaron cambiar o partido, comunicaron tanto ao rival como a Federación que ese día se celebra unha boda á que asisten numerosos xogadores, pero o cambio de data non foi posible. Amoedo confía en que o equipo “compita a bo nivel” e coa axuda dos xuvenís intentarán acadar o pase á seguinte rolda para defender o título. A pasada temporada, ademais da Copa Galicia, o equipo foi campión de liga en Terceira División e gañou o ascenso a Segunda B, categoría á que renunciou por problemas económicos. O adestrador, que renovou por unha temporada máis xunto con todo o equipo técnico, fala da pasada campaña como “a mellor temporada da historia do F.S. Pazos de Borbén”. Este ano tentarán repetir o éxito da pasada liga, malia que recoñece que será “moi complicado”. No equipo sufriron importantes cambios, xa que malia que moitos xogadores renovaron co club, houbo tamén importantes baixas de xogadores que recibiron ofertas de equipos da Segunda B. O equipo reforzouse coa chegada de xogadores, e tamén coa integración de xogadores do filial e xuvenís, porque son “un club de canteira”, como sinala Amoedo. Un convenio de colaboración co Redondela F.S. permite que os seus xuvenís xoguen na Liga Galega, o que resulta moi positivo “para que o salto a Terceira non sexa tan grande”.

Fran Amoedo adestrador
O adestrador fala da pasada campaña como "a mellor temporada da historia do F.S. Pazos de Borbén".
Copa Galicia
Amoedo confía en que o equipo "compita a bo nivel" malia as baixas e acadar o pase á seguinte rolda.
Convenio co Redondela F.S.
Un convenio de colaboración co Redondela F.S. permite que os seus xuvenís xoguen na Liga Galega.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará