Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A VII Xuntanza Moteira Vila dos Viaductos trasládase a Chan das Pipas en Saxamonde

RR_Noticias

A coincidencia da cita moteira, que se celebra mañá sábado, co Entroido de Verán levou ao Motoclub de Redondela, que organiza esta cita, a trasladar a xuntanza a Saxamonde. Haberá música, degustacións gastronómicas, rutas en moto e exhibicións de Edu Rodríguez.

Uns 800 moteiros e moteiras, de toda Galicia, León, Valencia e o norte de Portugal chegarán mañá a Redondela para participar na concentración que este estrea escenario. O Motoclub Redondela, co gallo da coincidencia co Entroido de Verán, cambia de ubicación.do Campo da Feira e a Avenida Mendiño polo espazo natural de Chan das Pipas, en Saxamonde. Carlos Figueroa, presidente da asociación redondelá, explica que haberá actividades “ao longo de toda a tarde ata a madrugada”. A apertura do recinto está prevista para as 15.00 horas amenizada coa música de Master Music e Marcelo Silveira. Os participantes sairán de ruta pola comarca ás 17.00 horas e regresarán sobre as 18.00 horas. Haberá petiscos para todos os participantes, e ás 19.00 horas comezará a exhibición de acrobacias de Edu Rodríguez. O motorista de Valencia “é un dos mellores especialistas de España”, segundo explica Figueroa. A exhibición repetirase ás 23.30 horas. Ao longo da tarde haberá tamén unha degustación de mexillóns e sorteo de agasallos. Desde o Motoclub Redondela agradecen a colaboración da Comunidade de Montes de Saxamonde, que lles cedeu os terreos para facer a concentración moteira, e tamén a axuda de máis dun cento de empresas e comercios do municipio “que fan posible esta xuntanza moteira”. Figueroa tamén tivo palabras de agradecemento para o Concello de Redondela, que colabora coa asociación na celebración desta cita “para que poida celebrarse con total seguridade”.

Carlos Figueroa presidente da asociación
Uns 800 moteiros e moteiras de toda Galicia León Valencia e o norte de Portugal chegarán mañá a Redondela para participar na concentración.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará