Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Medio Ambiente apunta á illa de San Simón como posible orixe da contaminación en Cesantes

RR_Noticias

A vertedura que o pasado día 9 de agosto obrigou a desaconsellar o baño na praia de Cesantes por unha bacteria fecal, podería deberse a algún fallo no saneamento da illa de San Simón. Así llo advertiu o concelleiro de Medio Ambiente, Roberto Villar, á Xunta, tras inspeccionar o litoral do municipio.

Segundo o edil os episodios de contaminación microbiolóxica danse puntualmente no verán, especialmente no mes de agosto, “cando hai máis actividade na illa”. Villar explica que os resultados das análises e os estudos realizados por técnicos do Concello “descantarn unha vertedura desde terra”. Por iso considera oportuno que se inicie por parte da Xunta de Galicia unha investigación, e se comproben as infraestruturas de saneamento da Illa de San Simón, os sistemas de depuración e verteduras correspondentes. Advirte que, cando na illa non hai actividade, non se rexistra contaminación na praia. O edil ponse a disposición da Consellería de Medio Ambiente para colaborar “e evitar que se repita unha situación similar”.

Roberto Villar concelleiro de Medio Ambiente
Villar descarta unha vertedura desde terra. Advirte que ade contaminación dáse puntualmente no verán "cando hai máis actividade na illa".

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará