Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela, plató de cine para “María Solinha”

RR_Noticias

O filme, do realizador galego Ignacio Vilar, rodarase en Redondela, Cangas e Vigo. A vida de María Solinha mistúrase con outras lendas como a da Coca, e historias de veciños de Redondela como Antón, ou Palmira. No filme, que comeza a rodarse o próximo luns día 19, participan 600 figurantes.

A lonxa de Cesantes acolleu onte a presentación da película “Maria Solinha”. O filme de Ignacio Vilar contará a vida desta muller de Cangas que viviu no século XVI, e que foi torturada e queimada por meiga. A súa historia confrontarase no filme cunha visión da situación feminina actual. O director presentou o seu proxecto, cuxo rodaxe espera concluír o 20 de setembro, acompañado polo responsable de Agadic, Jacobo Sutil; a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva; a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas; o concelleiro de Cultura, Daniel Boullosa, e as actrices Grial Montes e Laura Míguez. A alcadesa de Redondela amosou a súa satisfacción pola participación de Redondela como escenario nesta película, e tamén dos seus personaxes e lendas. A Coca será o símil do dragón que aínda hoxe “violenta” ás mulleres. Boullosa amosouse tamén moi satisfeito pola participación de Redondela neste traballo, e agardou que os escenarios e personaxes participantes “estean á altura”. Vilar fixo fincapé nos espazos naturais onde se vai rodar a longametraxe, que son tamén parte protagonista da historia, como é o caso da praia de Cesantes, as rúas de Redondela, ou Cabo Home, en Cangas. Ademais explicou que a historia de Solinha enriqueceuse “doutras historias” que foi coñecendo mentres preparaba a película. Como a lenda da Coca, que será “o dragón” que empreguen no filme, e historias de veciños de Redondela, como as que lle contou o patrón maior, Clemente Bastos, e que formarán parte da película. Vilar amosou o seu desexo de que a sociedade de hoxe “teña a mesma valentía que aqueles mariñeiros de Redondela que acabaron co dragón”. Un dragón que, con formas diferentes, segue atemorizando ás mulleres no século XXI.

Ignacio Vilar director
A pelicula de María Solinha enriqueceuse "doutras historias" que foi coñecendo da man de veciños de Redondela.
Daniel Boullosa concelleiro de Cultura
Boullosa amosouse moi satisfeito pola participación de Redondela neste traballo e agardou que os escenarios e personaxes participantes "estean á altura".
Digna Rivas alcaldesa
A alcadesa amosou a súa satisfacción pola participación de Redondela como escenario nesta película e tamén dos seus personaxes e lendas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará