Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Caramuxo Vermello converte a praza da Casa da Torre nun local de jazz dos anos trinta

RR_Noticias

O grupo redondelán presenta esta noite o seu espectáculo “Caramushow”, onde mestura música con teatro e de humor, para trasladar ao público a unha historia de gángsters en Nova Orleans. O contido é todo un misterio e deberán velo esta noite, ás 22.00 horas, con entrada de balde, dentro da programación cultural do Concello.

Unha voz en off introduce ao público na historia de “Caramushow”, o espectáculo do grupo redondelán Caramuxo Vermello ambientado nun club de jazz dos anos trinta e que transporta aos espectadores a unha película de gánsters. No medio da actuación “mesmo pode aparecer un tipo sospeitoso, metralladora en man, que comeza a disparar contra os músicos”. Fernando Muiños (guitarra, voz), Berto López (batería), Lui Pérez (baixo, voz), Paulo Medal (teclado, voz), Nico Ricón (saxofón), Iván Gulín (guitarra, violín, voz) e Ademar Silvoso (actor) forman Caramuxo Vermello. O show ofrece unha hora de música aderezada cunha trama propia do mellor cinema negro. O seu contido é un misterio que non se pode desvelar, pero desde o grupo aseguran que ten “todos os ingredientes para que o público goce dun concerto singular”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará