Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un episodio de contaminación microbiolóxica obriga a aprazar a Travesía a Nado San Simón

RR_Noticias

A Asociación Deportiva CAR suspendeu a travesía a nado prevista para hoxe ás 12.00 horas por motivos de seguridade sanitaria, logo de que a Xunta de Galicia e o Concello de Redondela prohibisen o baño na praia de Cesantes. A proba celebrarase o 24 de agosto ás 11.00 horas.

 
A análise microbiolóxica realizada o pasado 7 de agosto na paria de Cesantes detectou uns niveis de enterococos intestinais que superan o valor aceptable de contaminación na auga de baño. Por este motovo a Consellería de Sanidade e o Concello de Redondela advirten que non é recomendable bañarse nestas augas temporalmente. Desde a Asoción Deportiva CAR decidiron suspender a proba prevista para hoxe “ao non poder garantir a seguridade dos participantes”. O club informou que a VI Travesía a Nado San Simón trasládase ao sábado, 24 de agosto, ás 11:00 horas, e piden disculpas aos 250 nadadores inscritos.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará