Hoxe é Martes 5 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O C.D. Choco imponse ao Coruxo

RR_Noticias

Os de redondela conseguiron o que ningún equipo fora quen nesta pretemporada, vencer aos do Vao, malia que os vigueses comezaron adiantándose no marcador. O C.D. Choco impúxose finalmente por 2-1 nun partido no que os dous combinados deron mostras do cansazo que acumulan nesta intensa pretemporada. E os de “Gonza” mediranse ao Celta B dos irmáns Montes o próximo domingo, día 11.

Choco 2-1 Coruxo
A calidade do Coruxo impúxose nos primeiros minutos de xogo, pero sen perigo entre os tres paus. As liñas defensivas dos dous equipos foron as protagonistas no comezo do encontro. Rondando a media hora de partido chegou o primeiro gol, obra de Mateo. Os locais tentaron a igulada, pero chegouse ao descanso co 0-1 no marcador. Na segunda metade o partido foi diferente, cos cambios que os dous técnicos introduciron no campo, con máis xogo no centro do campo. No minuto 66, un balón á área do Coruxo rematouno de cabeza Félix Rial, e igualaba o marcador. O Choco tiña cada vez máis protagonismo, e case ao final do partido Rial volveu anticiparse á defensa do Coruxo e acadaba a vitoria para os redondeláns. O domingo o Choco xoga contra o Celta B dos irmáns Jacobo e Marcos Montes.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará