Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Rivas trasládalle á Autoridade Portuaria a súa negativa ao almacén de colectores en Rande

RR_Noticias

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, asistía este venres a unha reunión do Consello de Administración da Autoridade Portuaria no que manifestou o seu “máis fondo rexeitamento a que a parcela de Duches, en Rande, sexa destinada ao almacenaxe de contedores”. Acusa ao exalcalde de enganar á cidadanía cando en campaña electoral lles trasladou a idea de que o proxecto do almacén estaba resolto e paralizado.

Malia que nun primeiro momento non se lle permitía intervir, por figurar aínda como membro autorizado o anterior alcalde, erro que o organismo portuario atribuiu á Xunta de Galicia, finalmente a alcaldesa sí puido participar con voz e voto. Rivas, segundo explica nun comunicado, defendeu a postura manifestada no seu momento pola veciñanza do municipio totalmente contraria ao uso que se pretende por parte de Autoridade Portuaria viguesa, xa que “a miña obriga é defender os intereses dos meus veciños e veciñas por enriba de calquera outra consideración”.
Lembroulle Digna Rivas ao Consello de Administración que a anulación polos tribunais da Delimitación de Usos Portuarios (Plan de Costas), deixa sen soporte legal o seu uso para a xestión privada. De feito, polo de agora a parcela “só pode der utilizada como aparcadoiro de camións e remolques de servizo portuario”. Doutra banda, explicou a alcaldesa de Redondela, a parcela que afecta ao dominio público portuario “atópase na zona do cargadoiro de Warner e como é ben coñecido, na zona atópase o cargadoiro de minerais que, a día de hoxe, está incluído no catálogo patrimonial nunha contorna protexida”.
No PXOM de Redondela, que está en proceso de tramitación, “o que se pretende é ampliar esa contorna incluíndo a parcela de Duches, amais de estudar unha solución urbanística que permita poñer en valor a zona por estar a lámina de auga en Zona de Red Natura”, engadiu Digna Rivas.
Asegura ademais que “a postura amosada polo Porto de Vigo, deixa ao descuberto as mentiras ditas polo exalcalde Javier Bas na campaña electoral”, e lembrou que o exalcalde “asegurou á veciñanza que o tema estaba resolto e paralizado, chegando incluso a amosar unha infografía aos votantes cun megaproxecto con piscinas e zonas verdes para uso público algo que, agora, amósase que era totalmente falso”.
 
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará