Hoxe é Sábado 7 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Vhäldemar, cabeza de cartel do Berete Rock

RR_Noticias

O grupo de Barakaldo actuará este sábado no paseo marítimo de Chapela nun festival que contará tamén con outras bandas de música heavy e rock como son Cherokee, Doc7ors, Calle de ruído e Collón de Lola. Unha cita para os amantes da música máis cañeira que celebra a súa VIII edición con grupos a nivel nacional e que confía en repetir o éxito de edicións anteriores nas que foron unhas 1.500 persoas as que se achegaron a esta parroquia a gozar dos concertos.

Os amantes do rock teñen unha cita esta fin de semana en Chapela. O Berete Rock regresa un ano máis coa música máis cañeira, nesta ocasión ampliando o seu cartel con grupos a nivel nacional que compartirán escenario con agrupacións máis locais. A Asociación Berete Rock, integrada por doce persoas que dende hai oito anos están detrás da organización, regresa co seu festival máis ambicioso grazas tamén ao apoio do Concello que facilita o financiamento dun dos grupos cabeza da cartel: o grupo de heavy/power metal fundado en Barakaldo a finais dos anos 90, Vhäldemar. Tamén de fóra de Galicia chega o grupo Doc7tors, sendo a representación galega de igual relevancia para os amantes do rock con Cherokee, banda viguesa con Fran Vázquez á cabeza con multitude de seguidores na zona. Completan o cartel as bandas locais Calle de Ruído e Collón de Lola, grupo que ten como particularidade o feito de que fan versións do Xabarín Club, cancións que marcaron toda unha xeración de rapaces e que agora poden escoitar nunha adaptación máis rockeira. O concelleiro de Cultura, Daniel Boullosa salientaba na presentación do evento o labor dos organizadores do festival que permite contar “cunha programación na que se da cabida a todos os estilos musicais abríndolle así un oco tamén a música rock” e salientou a vertente turística deste tipo de eventos “porque os festivais son xa unha nova forma de turismo”. Tamén a alcaldesa, Digna Rivas, valoraba o “esforzo da asociación que logrou facer desta cita un referente para os amantes da música rock”.  

VIII Berete Rock
Dende a organización falan dos grupos participantes
Daniel Boullosa Edil de Cultura
Salienta que o rock tamén ten oco na programación cultural
Digna Rivas Alcaldesa
Compromiso cunha a sociacións e co seu esforzo

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará