Hoxe é Luns 9 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Unha ruta para coñecer os xacementos prehistóricos de Monte Penide

RR_Noticias

O Concello de Redondela en colaboración coa empresa A Citania convida aos veciños a participar nunha nova entrega dos roteiros que de xeito periódico organizan co obxecto de dar a coñecer e poñer en valor os xacementos arqueolóxicos do noso territorio. Desta volta o percorrido levará aos participantes a visitar os enclaves arqueolóxicos situados no Monte Penide Mirallo en Cedeira e Negros. A saída será as 10:00 horas do domingo 28 dende o merendeiro da Poza da Lagoa.

O arqueólogo Xurxo Constela será o encargado de levar aos participantes polos diferentes restos arqueolóxicos achegando explicacións e resolvendo as dúbidas ao respecto. Visitaranse os diferentes enclaves arqueolóxicos situados no Monte Mirallo e que inclúen os xacemento calcolíticos de Viveiro e Coto Fenteira e o Castro de Negros con paradas nos conxuntos de petróglifos e mámoas do Coto Fenteira, Coto do Corno, o petróglifo e o menhir do Castro de Negros.
Non é necesaria prescrición, só aparecer ás 10:00 do domingo 28 de xullo, no merendeiro da Poza da Lagoa. Unha ruta de sete kilómetros de dificultade baixa polo que está aberta a toda a veciñanza.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará