Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un turismo envorca na N-550

RR_Noticias

Aparatoso accidente na N-550 cun vehículo envocardo logo de perder o control e saírse da vía cando se dirixía cara Vigo. Malia que o turismo, un Frod Focus, saltou a varanda e quedou envorcado fora da estrada, non hai que lamentar feridos e o condutor, un veciño de Moaña, puido saír do vehículo polo seus propios medios. Nas últimas horas a Policía Local interviu tamén en dous lumes, un nunha vivenda na rúa do Salgueiral e outro incendio que deixaba completamente calcinado un vehículo en Santo Estevo de Negros.

O suceso producíase ás 22:00 horas de onte e ata o lugar desprazáronse axentes da Policía Local e da garda Civil de tráfico. Investínganse as causas que puideron provocar esta saída de vía unha vez que feitas a proba de alcoholemia o resultado confirmou que o condutor non consumiras drogas nin alcohol.
Un accidente que deixa unha imaxes impactantes con vehículo do outro lado da beiravía e envorcado sobre o teito.
Dous incendios
Intensas as últimas horas para os servizos da Policía Local pero tamén para os bombeiros que tiveron que intervir para sufocar dous lumes, un nunha vivenda e outro nun vehículo.
O primeiro destes sucesos tiña lugar na tarde do mércores, cando a cociña dunha vivenda na rúa do Salgueiral en Redondela resultou completamente calcinada a causa dun incendio. Aínda que non houbo feridos, o incidente deixou cuantiosos danos materiais ao arder unha campá extractora, unha neveira, unha placa vitrocerámica e o mobiliario da cociña.
Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, o incendio produciuse ás 15:00 horas e ata o lugar desprazáronse axentes da policía local así como dos servizos sanitarios de urxencia, dos Bombeiros do Baixo Miño, Morrazo, Vigo e Redondela, e axentes da Policía Nacional.
Onte era un vehículo o que ardía nun camiño no barrio de Fixón, en Negros. Unha dotación de bombeiros do Porriño acudiu para sufocar o lume que calcinou un Ford Escort.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará