Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Amarturmar convida aos turistas a embarcarse por un día

RR_Noticias

“A Ruta do xeito” é unha nova proposta para dar aos turistas a oportunidade de convivir durante unhas horas cos profesionais do mar e coñecer a importancia do sector na nosa ría así como a riqueza que agochan as nosas augas. Logo da novidosa Ruta do Choco chega agora esta proposta cunha saída este mesmo venres ás 22:00 horas dende o porto de Cesantes para coñecer como se captura a sardiña. A actividade ten un prezo de 20 euros e as inscricións poden facerse no teléfono 621020775 ou no enderezo amarturmar@gmail.com

Durante máis de dúas horas os participantes navegarán en paralelo con outra embarcación na que un mariñeiros realizará as labores propias do xeito: a solta das redes e a retirada do peixe que queda nos aparellos. Os que o desexen poderán incluso participar activamente colaborando na captura da sardiña con esta arte tradicional. E todo iso acompañados dun experimentado mariñeiro que irá dando as oportunas explicacións e respondendo a todas as curiosidades dos turista. Unha “Ruta do xeito” que ven completar outras propostas que nestes catro meses, dende que esta asociacións se botara andar, xa teñen realizado na enseada. Unha das máis novidosas foi a ruta do choco na que os participantes experimentaron a levantar unha nasa ou sacar o choco do seu interior. Realizan tamén saídas coas mariscadoras para coñecer o traballo do marisqueo a pé e incluso hai quen se leva algún peixe mercado directamente na lonxa. Unhas iniciativas que buscan potenciar o mar como recurso turístico ofertando experiencias únicas para turistas e visitantes.  

Seve Casal mariñeiro
Unha experiencia diferente para coñecer a pesca do xeito
Varias alternativas
Mariscar capturar choco ou pescar sardiña son algunhas das propostas de Amarturmar

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará