Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Roda dálle unha volta á música popular fuxindo dos estereotipos sexistas

RR_Noticias

A mítica formación de música tradicional galega chega a nosa bisbarra co proxecto “A Roda da igualdade: ela e eles” acompañados da voz de Najla Shami. Sóbense ao escenario para interpretar os seus temas clásicos logo de revisalos para dar exemplo e amosar que estamos ante un novo imaxinario e un novo discurso: a igualdade. O concerto será este domingo ás 23:00 horas na parroquia de Moscoso en Pazos de Borbén.

O machismo está presente en todos e canda un dos ámbitos da sociedade, tamén na música. Non só no reggeton máis actual, senón tamén en cancións tradicionais e coplas populares que están cargadas de estereotipos cara as mulleres. Temas que se cantaban na taberna, interpretadas por homes e dirixidos a un público principalmente masculino, que forman parte xa do noso imaxinario colectivo. Co tempo, estas coplas integráronse tamén no repertorio de diferentes grupos musicais como o mítico A Roda, que sen abandonar s súas orixes reinvéntanse dándolle unha volta a esas letras para eliminar esa carga machista que non ten razón de ser na sociedade actual. Alfredo Dourado, un dos integrantes de A Roda, explica que esta decisión foi algo natural na formación porque “é obrigado que se faga este nova lectura dende os grupos de música que somos tamén transmisores de valores culturais e que non debemos vivir a marxe dunha sociedade que camiña cara a igualdade”. Unha iniciativa que entende máis que necesaria nestes tempos.  

Alfredo Dourado A Roda
Un proxecto a prol da igualdade
Coplas sexistas
Fuxir dos estereotipos e mudar as letras que son machistas

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará