Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Chapela acolle este sábado a Bandeira Concello de Redondela de Traíñas masculina e feminina

RR_Noticias

Por primeira vez, o Concello de Redondela e o Club de Remo Chapela, asinaron un convenio de colaboración para Bandeira Feminina. Na categoría feminina será seis as embarcacións que participen na proba, mentres que na masculina o número de barcos ascende a 10. Os premios serán de idéntica contía para ámbalas dúas categorías.

A proba disputarase, tanto para a categoría masculina coma feminina, no campo de regatas no Paseo de Cardona, en Chapela, cun total de 5.556 metros divididos en catro largos que van do peirao dos mexilloeiros de Cardona aos estaleiros de Metalships no Concello de Vigo.
Na categoría feminina, as embarcacións participantes serán tres de clubs da provincia de Pontevedra: C.R. Chapela (Redondela); S.D. Tirán Pereira (Moaña) e C.R. Mecos (O Grove) e outras tres da provincia da Coruña: C.R. Perillo (Oleiros); C.M. Mugardos (Mugardos) e C.R. Cabo da Cruz (Boiro).
A alcaldesa Digna Rivas subliñou na presentación da proba a importancia de “fomentar e apoiar a presenza da muller no deporte e, que nesta Bandeira Concello de Redondela de Traíñas Feminina, sexan 6 as embarcacións, con 150 remeiras, as que van tomar a saída é un motivo para estar orgullosas”.
Na categoría masculina, tomarán a saída un total de 10 barcos, catro de Pontevedra -C.R. Coruxo (Vigo); C.R. Chapela (Redondela); C.C.D. Cesantes (Redondela) e C.R. Vila de Cangas (Cangas)-, 5 da Coruña -A.D. Esteirana (Muros); C.R. Perillo (Oleiros); C.M. Mugardos (Mugardos); C.R. Cedeira (Cedeira) e C.R. A Cabana (Ferrol)- e 1 do Principado de Asturias -C.M. Castropol (Castropol)- cun total de 250 remeiros
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará