Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O escritor e profesor de filosofía Xosé Ricardo Losada recibe o II Premio Viadutos de Novela

RR_Noticias

O xurado, composto polas escritoras Iolanda Zúñiga e Anna R. Figueiredo (gañadora da pasada edición), a xornalista María Jesús Argibay, a profesora Patricia Arias Chachero, a editora Malores Villanueva, declarou gañadora a obra A casa xunto ao volcán da que salientaron “a fortaleza dunha voz feminina en construción que evoluciona ao longo do relato na busca da súa identidade”.

En A casa xunto ao volcán, a través da voz dunha adolescente, o autor móstranos o pensamento crítico dunha sociedade na que a filosofía pode e debe ter un papel relevante e necesario. Ponse en valor a importancia do ensino como axente creador de persoas íntegras e libres.
A novela ten unha estrutura tripartita e ben deseñada que condiciona un texto áxil, de doada lectura e fondo pouso.
Xosé Ricardo Losada logra ademais unha voz feminina plenamente crible e sorprendente. A casa xunto ao volcán é unha novela coral e rebelde que invita a cuestionarse a orde social establecida e a unha mesma.
O II Premio Viadutos de Novela está convocado polo Concello de Redondela, a través da súa Concellería de Xuventude, e  conta coa colaboración da Editorial Galaxia. Xosé Ricardo Losada convértese así no segundo merecedor deste galardón de nova creación dotado con 3.000 euros, e a súa novela A casa xunto ao volcán será publicada o vindeiro outono na colección Literaria da Editorial Galaxia.
Xosé Ricardo Losada (Rianxo, 1961) é profesor de Filosofía no Instituto Félix Muriel de Rianxo. En 2005, publicou o libro de relatos O xene da chuvia. Tamén é autor de Dez anos de poesía. Premio Faustino Rey Romero (2008) e de Faustino Rey Romero: obra poética e teolóxica (2013) libro sobre a obra completa do crego poeta. Resultado deses traballos de investigación, publica a biografía Faustino Rey Romero. Un evanxeo bufo (2015). A súa primeira novela, Bótame deste mar fóra, saíu á luz en 2017. E o pasado 2018, publicaba en Galaxia a biografía Manuel Antonio. Vida e misterio dun poeta galego (2018).
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará