Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

“Desplastifícate” música do Conservatorio de Redondela a favor do medio ambiente

RR_Noticias

O multiúsos da Xunqueira acolle hoxe ás 20:30 horas a estrea das obras “Camiños de ida e volta” e “Desplastifícate” de José Pérez Arias, nun concerto a cargo da Orquestra de Saxos de Redondela e a Xingros Big-Band do Conservatorio de Redondela. Dous temas a través dos cales se visibiliza dunha banda, a memoria histórica da emigración galega e, doutra, a importancia do coidado do medio ambiente e da eliminación dos plásticos.

“Camiños de ida e volta” é un proxecto que busca poñer o foco de atención sobre a memoria histórica da emigración galega a través da lembranza. Froito deste proxecto, que reúne ás Escolas Unesco de Galicia, Portugal, Arxentina, Cuba, Brasil e Senegal, nace a obra do mesmo nome do director e compositor José Pérez Arias por encargo da coordinadora galega das Escolas Asociadas da Unesco, Luisa Márquez.
Tamén se escoitará neste concerto a obra “Desplastifícate” que naceu como parte do denominado Proxecto Atlántico que pretende chamar a atención sobre a necesidade imperiosa de coidar o noso medio ambiente e da necesidade de eliminar os plásticos como un dos principais perigos para os nosos océanos.
“Desplastifícate” pretende ser, a través da música, esa voz que nos faga ver a importancia de eliminar os plásticos das nosas vidas e do prexuízo que estes supoñen para o medio ambiente. Para esta estrea, contarase coa presenza de Jesús Antonio Álvarez, que será o encargado de poñer voz a esta reivindicación para salvar o noso planeta. Este tema converterase nun Himno Ecolóxico que será difundido pola Rede de Escolas Asociadas á Unesco.
É de subliñar que o Conservatorio Profesional Víctor Ureña de Redondela é, dende o 2018, unha escola asociada da Unesco e que é o único Conservatorio Municipal de Galicia incluído nesta rede de entre máis de 10.000 centros e máis de 180 países de todo o mundo.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará