Hoxe é Sábado 7 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Xunta ofrécese a limpar 300 hectáreas contra incendios en Soutomaior a 350 euros por hectárea

RR_Noticias

O Conselleiro de Medio Rural, José González, visita esta tarde o Concello de Soutomaior co obxecto de explicar aos veciños as tarefas de limpeza nas franxas de protección contra incendios. Dende a Xunta ofrecen este servizo para a limpeza a un prezo de 35 euros pro cada mil metros cadrados (350 euros por hectárea). A charla celebrarase no salón de actos da Casa do Concello ás 16:30 horas.

Durante o encontro, González explicará aos veciños o convenio de protección dos núcleos de poboación que a Xunta subscribiu coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e coa empresa pública Seaga para garantir o adecuado mantemento das parcelas situadas nas franxas de protección contra os incendios forestais. 
A pesar de que o mantemento destas parcelas corresponde aos propietarios e é deber dos Concellos vixiar o estado destas franxas de protección, a Xunta entende que debe colaborar porque é consciente que non todos os concellos teñen a capacidade para poder levar a cabo estas tarefas.
Debido á actividade incendiaria, e outros criterios como a virulencia dos lumes ou a superficie afectada, Soutomaior é un dos municipios priorizados neste convenio, polo que se procederá á limpeza de máis de 300 hectáreas ao redor dos núcleos de poboación por un prezo de 350 euros por hectárea (35 euros por cada mil metros cadrados) sen ningún tipo de pago adicional por parte dos propietarios.
Un dos obxectivos do convenio de xestión de biomasa nas franxas de protección é que non sexa preciso rozar todos os anos, e para iso fomentará a implantación de actividade agrogandeira nestas zonas, como cultivos de horta, cereal, pastos, froiteiros, castiñeiros, oliveiras, que aseguren a limpeza de maneira permanente nas franxas ademais de obter rendemento destes terreos.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará