Hoxe é Martes 23 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O lume (purificador) regresa ao Monte da Peneda

RR_Noticias

A suma de novos colectivos na organización fai posible que se retome a Festa dos Fachos logo dun ano en suspenso. Será este sábado ás 23:30 horas cando a marcha cos participantes portando os fachos accesos arranque dende a base da Peneda para chegar ao cumio. Nesta ocasión o pregón, sempre reivindicativo, correrá a cargo do que fora durante 24 anos director de Edicións Xerais, Manuel Bragado.

A Asociación Cultural Alén Nós, pioneira na organización deste evento, contará coa colaboración das Comunidades de Montes de O Viso, Arcade de Riba, as asociacións de veciños Pozovello, Lourido e o Barqueiro e a asociación Amigos da Peneda. Colectivo que se unen co obxectivo común de recuperar esta popular romaría que tivo un parón o pasado ano pero que rexurde coa súa programación habitual. Unha celebración do solsticio de verán na que os participantes ascenden ata o monte da Peneda a pé e cos fachos prendidos. Unha vez no cumio haberá a tradicional invocación que este ano será autoría do que fora director da Editorial Xerais, Manuel Bragado. A fogueira e a queimada, coa aparición de “Pedro Madruga” baixo a tutela do druida Noé Massó, completarán un programa que se pechará coa degustación da queimada con rosquillas de balde. Haberá venda de refrescos para as persoas que o desexen.  

Bruno Rodríguez Arcade de Riba
Colaboración de varios colectivos para manter viva a celebración

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará