Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela prepárase para as Festas da Coca cos ollos postos no ceo

RR_Noticias

Arrancan este mércores as celebracións das festas da Coca coa elaboración das tradicionais alfombras florais nas que dende hai días están a traballar ducias de mulleres co preparado dos pétalos e o material que logo conformará eses tapetes vexetais. Unha programación que nos deixa tamén as tradicionais verbenas, a música máis cañeira con cambios no cartel (Firewind substitúe aos suecos Eclipse) e a obrigada cita coa Danza das Espadas e As Penlas. O pregón será o mércores ás 20:00 horas na praza do Concello a cargo da escritora Dossy Diomaher.

As celebracións arrancarán o mércores cun concerto ás 19:30 horas a cargo da orquestra de saxos e a posterior lectura do pregón. Un acto que incluirá un recoñecemento ás alfombristas Susana Ricón e Mercedes Mouriño, o relevo das penlas e verbena coa Orquestra Olimpus no Campo da Feira a partir das 22:00 horas.
Moi pendentes do tempo porque nesa tarde noite confecciónanse as alfombras florais que engalanarán as rúas da vila, tanto no Casco Vello como a rúa Alfonso XII e as principais prazas do centro. Un tempo que se anuncia moi inestable con risco de chuvias tanto para este martes como para o mércores, con lixeira melloría de cara ao festivo do xoves.
Un xoves da Coca marcado polas celebración relixiosas con procesión polas rúas decoradas con alfombras acompañada pola Banda de Música municipal de Redondela e o baile homenaxe da Danza das Espadas e as Penlas na praza da Constitución ás 13:00 horas.
Un festivo que nos deixa citas deportivas con balonmán na Pista da Xunqueira e na Alameda e verbena coa orquestra Pasarela.
Música rock e heavy
 Os amantes da música máis “dura” terán que esperar á noite do venres para gozar do concerto dos galegos Atreides, os asturianos de Avalanch e a formación Firewind, grupo que chega para substituír á formación sueca Eclipse. O concerto arrancará ás 21:30 horas.
 
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará