Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A redondelá Pauleta acada en Portugal o título de Copa e o ascenso co SL Benfica

RR_Noticias

Coa vitoria de SL Benfica na final da “Taça” a xogadora Paula Domínguez, Pauleta, convértese na primeira futbolista española en conquistar un título en Portugal. Aos seus 21 anos, Domínguez Encinas xoga a súa terceira tempada no país luso, colleitando grandes éxitos tanto a nivel colectivo como persoal.

O seu equipo vén de gañar a Copa (Taça en Portugal) na final disputada en Jamor ante o Valadares Gaia, un reto moi complicado xa que se enfrontaban a equipos de Primeira División. Pauleta xa perdera dúas finais co SC Braga, equipo da máxima categoría lusa no que militou cando se mudou a Portugal. Agora acadou o título co Benfica, da Segunda División, que xa certificou o ascenso a Primeira para o curso que vén. E teñen en xogo ser campioas, para o que deberán superar ao primeiro clasificado da serie do norte. Un ano excepcional para a xogadora de Redondela, formada nas filas do Casa Paco, e que logo pasou polo Choco e Olivo. Aos 18 anos deu o salto a Portugal para fichar polo Braga, e agora forma parte da recén creada sección feminina dun histórico como o Benfica, co que agarda conseguir “grandes cousas”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará