Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Charla sobre diversidade sexual para conmemorar o día do orgullo LGTBI en Soutomaior

RR_Noticias

A presidenta da Asociación Arelas, Cristina Palacios e as escritoras Eva Mejuto e Iria Misa serán as encargadas de desenvolver esta charla coloquio que vai ter lugar este venres ás 18:00 horas na Biblioteca de Arcade. Unha actividade do Concello de Soutomaior baixo o lema “Fagamos orgullo” co gallo da próxima conmemoración do día internacional do orgullo LGTBI.

Unha proposta que serve tamén para recuperar a programación na Biblioteca Municipal, logo de que espazo fora reformado co obxecto de instalar un novo ascensor para facilitar o acceso aos veciños con mobilidade reducida.
A edil de igualdade, Cristina González, destacou que esta actividade é o primeiro paso dun os seus maiores obxectivos para este mandato “potenciar a perspectiva de xénero e os valores de respecto e non discriminación en todas as actividades municipais”.
A charla será dirixida pola presidenta da Asociación Arelas, Cristina Palacios, e contará coa participación das escritoras Eva Mejuto e Iria Misa, que presentarán os seus últimos libros. A novela “22 segundos” e a obra finalista do Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil pola igualdade, “Mamá, quero ser ZiggyStardust”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará