Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Boa sintonía entre PSOE e AER na primeira reunión para formar goberno

RR_Noticias

Comezan as negociacións para intentar formar goberno no concello de Redondela. PSOE e AER sentaban onte por primeira vez para tentar avanzar nun posible pacto que desaloxe ao PP da alcaldía. A Agrupación de Electores marca unhas liñas vermellas que, a priori, non deberían ser problema porque “son cuestións nas que coincidimos nos programas electorais” explica Noé Cano. Malia aventurar que haberá discrepancias insisten en que “teremos que poñer todos da nosa parte si queremos que haxa que un goberno alternativo”. Os socialistas prefiren non facer declaracións “nesta fase debemos ser moi discretos” explican dende o PSOE. Hoxe reuniranse co BNG.

As negociacións acaban de arrancar e aínda hai un longo proceso ata chegar a un acordo definitivo. Así o entende Noé Cano, da Agrupación de Electores, quen apunta con todo a boa sintonía dos dous grupos na reunión celebrada na noite de onte. Durante máis de dúas horas representantes de PSOE e AER puxeron sobre a mesa a súa intención de que haxa un goberno alternativo ao PP na alcaldía de Redondela. “Foi unha primeira toma de contacto na que falamos dos temas nos que somos coincidentes no programa”. Neste sentido explica Cano que as liñas vermellas da agrupación de electores están claras “participación, transparencia, potenciar os servizos sociais, estudar a posible remunicipalización de servizos privatizados… cuestións nas que atendendo aos programas de goberno de ambas formacións non debería haber problema”. Cuestión á parte é a fórmula elixida para formar goberno. Non confirman dende AER polo de agora si entrarán ou non nun hipotético goberno presidido por Digna Rivas “todo dependerá de cómo evolucionen as negociacións”. Neste sentido apuntan tamén que hai que esperar a coñecer o posicionamento do BNG, formación que conta con dous concelleiros e que hoxe se reúne co PSOE. Nos vindeiros días haberá novas xuntanzas de cara a concretar que vai pasar o vindeiro sábado día 15 cando se celebra o pleno de constitución da corporación e de eleccións do alcalde ou alcaldesa. Unhas reunións que poderían xuntar xa aos tres partidos que amosaron a súa disposición a negociar un goberno de esquerdas: PSOE (7), AER (3) e BNG (2) e que deixarían fóra da alcaldía aos 9 concelleiros do PP.  

Noé Cano AER
Fala de boa sintonía
Fórmula de goberno
Aínda por determinar
Novas reunións
Posiblemente a tres bandas

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará