Hoxe é Venres 4 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Unha condutora ebria lévase por diante tres bolardos na rúa José Regojo

RR_Noticias

Os feitos producíronse na madrugada do mércores, cando a muller, de 40 anos de idade e veciña do Viso, perdeu o control do vehículo que conducía, subíndose á beirarrúa e arrancando tres dos bolardos colocados no chan para impedir precisamente que os vehículos invadan a zona dos peóns. Afortunadamente só hai que lamentar danos materiais. A condutora triplicaba a taxa de alcohol permitida ao volante.

Eran as 02:20 horas da madrugada deste mércores cando un vehículo que circulaba pola céntrica rúa José Regojo se saída da vía subíndose á beirarrúa e levándose por diante tres dos bolardos que separan a zona dos peóns da calzada. Unha vez no lugar os axentes da Policía Local procederon a realizarlle a proba da alcoholemia, dando positivo cunha taxa de alcohol de 0,80, o que supón superar en máis de tres veces o permitido ao volante.
O coche foi inmobilizado e presentouse denuncia contra a condutora por un delito contra a seguridade do tráfico. Por sorte, a esas horas a rúa estaba practicamente deserta polo que non hai que lamentar danos persoais aínda que si importantes danos materiais tanto no vehículo como no mobiliario urbano.
 
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará