Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Campaña de denuncias en Pazos de Borbén

RR_Noticias

Tanto Alternativa Veciñal por Pazos como o BNG nesta localidade presentaron a correspondente reclamación ante a Xunta electoral logo de detectar supostas irregularidades no censo que beneficiarían, segundo din estes grupos da oposición, ao PP. Agora, algúns dos veciños involucrados no tema denuncian a Alternativa Veciñal por “delitos contra a protección de datos por difundir fotos do censo electoral a través das redes sociais”.

Cruce de acusacións, de denuncias e de reclamacións no concello de Pazos de Borbén a conta do censo electoral. Un grupo de veciños, alertados pola difusión dos seus datos persoais do censo a través de mensaxes de whatsapp, decidiron denunciar aos representantes de Alternativa Veciñal ante a Axencia Española de Protección de datos. O motivo é que, ademais dos nomes das persoas ás que Alternativa Veciñal acusa de non residir no municipio malia estaren empadroados en diferentes lugares como a residencia da terceira idade Mi Casa, nas fotografías que circulan polas redes verían os datos persoais doutros veciños.
Os denunciantes confían en que a Axencia Estatal realice as investigacións necesarias para determinar as responsabilidades e autoría das fotografías o antes posible e confían en que isto supoña “unha liña vermella e que a situación non se repita nunca máis”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará