Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os grupos Tandub e Cubo metálico na final do concurso de maquetas Millo Verde

RR_Noticias

A Feira do Gando de Redondela acolle este sábado o concerto no que se elixirá ao gañador do XII concurso de maquetas Millo Verde. Os dous finalistas desta edición son os grupos Tandub chegado de Ourense e os pontevedreses de Cubo metálico. O público asistente a este concerto será o encargado, cos seus votos, de elixir ao gañador desta edición que se fará así cos 500 euros do premio e a posibilidade de actuar no festival Millo Verde que se celebrará na praia de Cesantes do 3 ao 8 de xuño.

A música fusión do grupo ourensán Tandub e o rock alternativo con influencias de hip-hop de Cubo Metálico chega a esta final logo de que as súas maquetas foran elixidas de entre as 35 presentadas nesta edición “na que houbo propostas para todos os gustos” e da que os organizadores destacan por ser unha das edicións máis eclécticas, con estilos que ata o de agora non estiveran presentes. O Concerto deste sábado arrancará ás 20:30 horas e, ademais da actuacións dos dous grupos finalistas, contará con tres grupos convidados: Globerskers, Retroblues e Electrosock. A entrada ao concerto custa 3 euros e da dereito a unha consumición así como a emitir un voto por algún dos finalistas desta edición. Haberá ademais comida e bebida servida polo local Vila Bella. Un concurso que supón o pistoletazo de saída para un festival que volverá celebrarse na Praia de Cesantes na primeira semana de xuño  

Tito e Kinho Acuña Millo Verde
Fálannos dos grupos finalistas
Festa concerto
Na feira do gando o sábado ás 20:00 horas
Festival Millo Verde
Un festival practicamente pechado

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará