Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O mal tempo obriga a suspender a marcha moteira contra a peaxe en Rande

RR_Noticias

O Motoclub de Redondela decidiu suspender a mobilización convocada para a tarde deste sábado 6 de abril. Unha convocatoria reivindicativa e festiva que consistía en percorrer os sete quilómetros que separan a Avenida Mendiño da rotonda de Cabanas Rande, onde se atopa a cabina de peaxe, para esixir  que se elimine “unha peaxe inxusta e abusiva”. Con todo, o mal tempo anunciado para as vindeiras horas levou aos organizadores a suspender a convocatoria que se celebrará noutra data.

Un protesta que confiaba en congregar máis de 500 moteiros xa que estaba confirmada a presenza da afeccionados de Valladolid, Ponferrada, León e Portugal. Sen embargo, dende o Motoclub Redondela decidiron adiar a convocatoria en previsión do mal tempo.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará