Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Obradoiros de percusión con Roberto Oliveira

RR_Noticias

A Concellería de Xuventude abre o prazo de inscrición para participar nos concertos-obradoiros de percusións que se van desenvolver nas vindeiras semanas baixo o nome “Elektronik Kontainer”. Unha actividade de balde orientada a mozos e mozas de 12 a 18 anos. O primeiro dos talleres será este sábado ás 17 horas no Piñeiral do Crego en Chapela.

Roberto Oliveira propón unha serie de 3 concertos/talleres de percusión e novas tecnoloxías “Elektronik Kontainer” que se van desenvolver os días 6 de abril, 11 de maio e 15 de xuño. Unha actividade orientada a mozos e mozas de entre 12 e 18 anos que busca divulgar a cultura musical a través dunha das disciplinas máis atractivas e fascinantes como é o mundo da percusión.
A actividade proposta, ademais de contidos específicos da área de música e tecnoloxía, aborda outros contidos transversais como a expresión oral, a educación en valores e o desenvolvemento do pensamento crítico.
As representacións son tres, todas elas con variación de contidos dentro da temática do proxecto e onde da man do artista Roberto Oliveira tamén farán un análise Sonoro/Visual das obras interpretadas.
Os obradoiros desenvolveranse todos eles ás cinco da tarde. O primeiro será este sábado 6 de abril en Chapela, mentres que os dous seguintes terán lugar no Multiúsos da Xunqueira o 11 de maio e o 15 de xuño.
As matrículas pódense tramitar a través da web do Concello.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará