Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Abre o prazo para inscribirse no programa municipal de conciliación para a Semana Santa

RR_Noticias

O principal obxectivo desta actividade é promover a conciliación da vida familiar e laboral nas familias durante estas vacacións de Semana Santa, ao mesmo tempo que ofrecer a posibilidade de que as nenas e os nenos dispoñan dun espazo lúdico alternativo neste período de vacacións. A actividade ofertarase nas parroquias de Cesantes, Negros, Saxamonde, Ventosela e nos multiúsos de Redondela e Chapela. A inscrición está aberta ata o vindeiro martes 9 de abril.

O Programa desenvolverase os días 15, 16 e 17 de abril e 22 de abril, en horario de 09.00 a 14.00 horas. En total 105 prazas orientadas a nenos e nenas de 3 a 14 anos que poderán elixir entre o Centro Cultual de Cesantes, a sede da Asociación de Veciños de Negros, o Centro Cultural Chan das Pipas de Saxamonde e a Asociación deportivo Cultural A Miñoteira de Ventosela. Tamén se oferta este servizo nos Multiúsos de Chapela e Redondela.
Para poder participar é preciso presentar no Rexistro xeral do Concello de Redondela a ficha de solicitude de participación e documentación anexa, que se poderá descargar da páxina web do Concello ou recoller nas oficinas do Centro de Información ás Mulleres (CIM).
O prazo de inscrición ábrese hoxe luns día 1 e remata o martes 9 de abril, ámbolos dous días inclusive. A listaxe de admitidas/os será publicada o venres 12 de abril na páxina web do Concello e nas oficinas do Centro de información ás Mulleres.
Para máis información os interesados poden dirixirse ao CIM (Centro de Información ás Mulleres), na rúa Isidoro Queimaliños, núm. 2, ou chamando ao 986 40 80 43.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará