Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Música clásica na Igrexa de Cedeira co Trío Contrastes

RR_Noticias

A Igrexa Santo André de Cedeira acolle este domingo un concerto enmarcado dentro do ciclo Pórtico Sonoro a partir das 18:00 horas. Nesta ocasión o público poderá gozar da música en directo do Trío Contrastes, que presenta un concerto titulado “Música de Cámara: Do Barroco ao Romanticismo”.

Este ciclo leva celebrando no últimos cinco anos con moi boa acollida do público e leva actividades culturais programadas desde o Concello de Redondela até diferentes parroquias e localizacións.
Durante estes ciclos prográmase tanto música de cámara propiamente dita, como música coral polifónica, propostas máis modernas e actuais, así como concertos de pequeno formato nas igrexas parroquiais de menor aforamento. Neste caso, a proposta é dun trío de vento, que ofrecerán a súa música clásica nun concerto que dará comezo ás 18:00 horas.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará