Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Chapela rende homenaxe a “Soto” cun emotivo acto no pavillón da parroquia

RR_Noticias

O Pavillón de Chapela acolle este sábado un acto no que se procederá a cambiar o nome deste centro deportivo que pasará a chamarse Pavillón Municipal “Manuel González Soto”. No transcurso do acto, que arrancará ás 17:00 horas, proxectarase un documental sobre a traxectoria do que fora xogador, adestrador, directivo e presidente do club de Balonmán Chapela durante os últimos vinte anos.

En novembro do ano pasado o Concello aprobou en pleno o cambio de nome para o pavillón co obxectivo de recoñecer a gran labor de Soto con balonmán e o deporte en Chapela, que foi a súa casa dende que tiña 17 anos e onde estivo exercendo todas as facetas posibles para un apaixonado por este deporte. Foi xogador, adestrador, directivo e presidente ao longo de dúas décadas.
O seu prematuro falecemento, a mediados do pasado mes de xaneiro con tan só 69 anos de idade, converte este acto institucional nunha nova homenaxe a un home que “o foi todo no balonmán”.
O acto arrancará ás 17:00 horas no propio pavillón no que se proxectará un vídeo no que aparecerán persoas que compartiron a súa vida e procederase a descubrir a placa na que aparece o seu nome. Dende o club convida a xogadores, socios, pais e nais a acudir coa camiseta vermella e verde ou coa roupa deportiva do club.
A continuación xogarán ás 18:30 o equipo da División de Honra prata que xogan o seu último encontro na casa ante o Balonmán Tejina e, ás 20:30 será a quenda para o equipo da Primeira nacional masculina que se enfrontarán co Balonmán Xiria.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará