Hoxe é Xoves 5 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Plenos descafeinados ao retirarse do debate as mocións que non sexan de competencia municipal

RR_Noticias

Tan só se debaterán no pleno deste xoves mocións presentadas por AER sobre toponimia, o observatorio municipal da discapacidade e a contabilidade das asignacións dos grupos políticos ao quedar fóra todas aquelas cuestións que non sexan de competencia municipal. Unha situacións que se produce logo de que no último pleno, e a instancia do PSOE, o secretario municipal elaborase un informe no que se establece que segundo o regulamento orgánico do concello só se poden levar a pleno aquelas mocións que cumpran este requisito. Unha situación que baleira de contido en gran medida o debate ao restrinxir enormemente as cuestións que poderán ser discutidas neste órgano político.

A moción presentada polos populares en torno a reprobación de Carmela Silva pola súa suposta responsabilidade no caso do enchufe da súa cuñada foi o punto de inicio dun conflito que se salda agora con esta decisión: tan só irán a pleno aquelas mocións que versen sobre temas municipais.
Dende o grupo de goberno explican que se adopta esta decisión logo de que o PSOE demandase do secretario municipal un informe por escrito no que se posicionara ao respecto, informe que recolle que “tal e como establece o artigo 18 do regulamento orgánico as mocións presentadas teñen que versar sobre cuestións municipais polo que aquelas que non sexan de competencia local quedan fóra do debate”.
Explica Mª Carmen Amoedo que “non podemos incumprir a lei unha vez que hai un informe por escrito ao respecto” e non dubida en acusar ao PSOE da situación actual “foi o partido socialista quen se saltou o acordo tácito que se viña respectando por todos os grupos e que permitía o debate político sobre  calquera cuestión, fora ou non de competencia municipal”.
Un pleno que se celebra este xoves ás 20:00 horas no Multiúsos e no que tomará posesión do seu cargo Alberto Álvarez Pérez que chega á corporación logo da renuncia do socialista Mauro Álvarez.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará