Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O xogador do Redondela FS, Antón Pérez, convocado pola Selección Galega Infantil

RR_Noticias

O porteiro Antón Pérez xa é todo un veterano neste tipo de convocatorias proclamándose en 2016 Campión de España coa Selección Galega Benxamín e sendo peza crave na Selección Galega Alevín que chegou a Semifinais do Torneo na edición do 2018. Actualmente Antón é o porteiro do equipo Infantil de Liga Galega e esta tempada xa formou parte da Selección de Vigo no Campionato de Seleccións Locais.

Antón recoñece estar entusiasmado ante a oportunidade de representar a Galicia no Campionato de España que se disputará do 27 ao 31 de Marzo en Almería. Os seus rivais na fase de grupo serán Estremadura e Castela León.
A Directiva, corpo técnico e todos os que forman parte do Redondela Fútbol sala amosan o seu orgullo polo que vai ser o seu representante na Selección Galega Infantil e trasladan ao xogador os seus parabéns “por este merecido recoñecemento”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará