Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Aberto o prazo para participar na Carreira infantil da ostra

RR_Noticias

Xa está aberto o prazo de inscrición para a Carreira Infantil da Ostra que se vai celebrar o domingo 31 ás 11:30 horas no peirao de Arcade. Unha proba deportiva que conta con diferentes categorías por idade que van dende os pitufos ata os cadetes pasando por benxamíns, alevíns e infantís. Todos os corredores recibirán a súa medalla de participación e o tres primeiros clasificados de cada categoría terán as súas medallas de ouro, prata e bronce.

As inscricións pódense realizar en liña na paxina www.gabinetesoutomaior.com ou presencial no pavillón municipal da Montesiña mesmo o xoves 28 de marzo. Ao finalizar as carreiras haberá un concerto infantil enmarcado dentro da programación do I Festival de cinema e música Soutopequeno.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará