Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Confraría de Arcade recibirá 15.000 euros para a compra de semente de ameixa

RR_Noticias

O Concello de Soutomaior aprobou conceder unha axuda extraordinaria á confraría de Arcade de 15.000 euros. A medida ten como obxectivo o de axudar ao sector ante os problemas sufridos o ano pasado financiando a compra de nova semente de ameixa.

A proposta, así como a modificación de crédito necesaria para financiala, está pendente de pasar por pleno, malia que o acordo de todos os grupos permitirá aprobala por unanimidade. O rexedor municipal, Agustín Reguera, salientou a necesidade desta axuda para que dende a confrarái se poida facer fronte a unha nova campaña de semente.
Unha vez aprobada a axuda polo pleno, asinarase o preceptivo convenio. Un acordo que logo poderá ampliarse ao resto de municipios da ría de Vigo, xa que moitos dos mariñeiros dos barcos de marisqueo á boia proveñen doutros municipios. En Soutomaior, directa ou indirectamente, unhas de 200 familias viven do marisqueo, pero dado que nos bancos marisqueiros de Arcade traballan mariñeiros de toda a ría, o alcalde explicou que “o xusto é que todos os municipios implicados colaboren axudando nun sector crave para a economía de toda a ría”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará