Hoxe é Domingo 8 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os parques de Redondela estarán dedicados a persoeiros da cultura galega

RR_Noticias

A iniciativa, promovida polo Servizo de Normalización Lingüística, busca recoñecer a todos aqueles que teñan traballado a prol da cultura e a lingua de Galicia. O primeiro dos parques infantís en recibir esta distinción é o situado na zona do Salgueiral, que dende este xoves xa se pode recoñecer como parque Eduardo Blanco Amor. As instalacións infantís contan cun panel de debuxos do autor David Rodríguez cunha versión para adultos e outra versión para as crianzas.

A escolla de Blanco Amor débese á relación que Redondela mantén con este autor dende hai moitos anos cando convocou por vez primeira o premio de novela que leva o seu nome e hoxe é un dos certames literarios máis importantes de Galicia.
Este será o primeiro dos parques dedicados a persoeiros da cultura galega pero o obxectivo é seguir sumando outros a esta iniciativa promovida polo Servizo de Normalización Lingüística, coa que se procura socializar nomes de persoas que teñen traballado a prol da cultura e lingua de Galicia “unha maneira de recoñecer publicamente a súa dedicación e labor”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará