Hoxe é Martes 23 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A gaita de Susana Seivane porá ritmo a XVIII Festa da Cacheira de Pazos

RR_Noticias

A popular gaiteira será a encargada de ler o pregón na festa gastronómica da cacheira que se celebra este domingo en Pazos de Borbén. Unha cita festiva na que se prevé servir unhas 2.000 racións deste prato e na que se espera a presenza de máis de 1600 comensais. Para maior comodidade dos asistentes, as celebracións terán como escenario o pavillón municipal de deportes e os seus arredores.

Os hostaleiros de Pazos de Borbén son os encargados de preparar un produto que se servirá como manda a tradición: cocida e en lascas, con acompañamento de chourizo e grelos. Para a súa elaboración serán necesarios máis de 1000 quilos de cabeza de porco, 900 de grelos e 250 de chourizo. Como en anteriores edicións, o prato poderase degustar no recinto da festa ou levarllo para consumir en casa a un prezo máis económico. A organización confía en repetir o éxito de edicións anteriores e traballan xa para ter todo listo para unha festa que arrancará ás 11:30 horas coa charanga Vai de baile e que contará tamén coa música da Charanga de Cepeda. A música Susana Seivane será a encargada do pregón ás 13:30 horas e a continuación interpretará unhas animadas pezas a ritmo de gaita. Despois de comer, haberá música en directo e inchables para os máis pequenos.  

Fran Amoedo concelleiro Pazos
Un evento consolidado
Pregoeira de excepción
A gaiteira Susana Seivane

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará