Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela descobre ao Mestre Vide

RR_Noticias

O auditorio da Xunqueira acolle este sábado un concerto homenaxe ao compositor ourensán José Fernández Vide. Unha cita de gran calidade musical e marcado acento redondelán, coa pianista Noemí Salomón e a bailarina Silvana Sestelo xunto á soprano compostelá Anaís Fernández. No recital interpretarán unha selección da obra do Mestre Vide, logo da presentación do triple álbum conmemorativo co gallo do 125 aniversario do seu nacemento.

O músico Óscar Ibáñez impulsou a gravación da súa obra completa para piano e para canto e piano, moi pouco coñecida até o momento, coa interpretación da redondelá Noemí Salomón ao piano, e a soprano Anaís Fernández. Na presentación do concerto, celebrada no Concello de Redondela, Ibáñez salientou a excelencia das que son “dúas das máis novas e brillantes intérpretes da actualidade”. Salientou que para achegarse á obra do Mestre Vide hai que ter en conta a súa impronta nas dúas beiras do beiras do Atlántico. José Fernández Vide, (1893-1981) naceu e formouse en Ourense, como músico e como docente. En 1920 marchou a Cuba, reclamado pola Centro Galego da Habana, onde dirixiu o Orfeón e o conservatorio. Regresou logo a Ourense, onde continuou o seu labor musical e docente ligado ao movemento galeguista, especialmente ao círculo ourensán da revista Nós, onde trabou amizade con galeguistas como Otero Pedrayo ou Vicente Risco.O triple CD editado por Óscar Ibáñez recolle as súas composicións co obxectivo de dalas a coñecer ao gran público, tamén os músicos máis novos, e promover o seu estudo nos conservatorios galegos, xa que se trata de pezas de gran nivel musical, comparables as de calquera dos grandes clásicos. A pianista redondelá, Noemí Salomón, tamén destacou na presentación do concerto o traballo “tan laborioso e satisfactorio” que supuxo a gravación do triplo disco, cun total de 240 minutos de música para paiano e canto-piano, xunto coa soprano Anaís Fernández. Falou tamén do repertorio que poderá escoitarse este sábado en Redondela, con valses, pasodobres e tamén música tradicional como muiñeiras. As pezas que inclúen canto recollen letras de afamados autores galegos como Blanco Amor, Curros Enríquez ou Manuel Murguía. O alcalde, Javier Bas, amosouse “orgulloso e satisfeito” por acoller en Redondela un concerto destas características, e loubou a relación do Mestre Vide cun “galeguismo amable, integrador e non excluínte”. Para o rexedor trátase dunha excelente oportunidade para poñer en valor a cultura do país. Concerto doblemente emotivo O deste sábado será un concerto “doblemente emotivo”, segundo Óscar Ibáñez, porque permitirá escoitar “ao vivo” a obra do Mestre Vide, e porque ademais contará no escenario con dúas redondelás que actuarán “na súa casa”.Ademais da pianista Noemí Salomón a cita contará tamén coa danza da bailarina redondelá Silvana Sestelo, polo que será unha actuación “moi especial” diante do seu público. A concelleira de Cultura, Teresa París, tamén salientou a calidade deste concerto e animou ao público redondelán a asistir a esta cita “na que a música galega e as mulleres son protagonistas”. O concerto é este sábado, día 16, ás 20.00 horas no auditorio da Xunqueira. A entrada xeral custa 7 euros, e 5 a de prezo reducido para estudantes, pensionistas e desempregados.

Óscar Ibañez músico e productor
Ibáñez salientou a excelencia das que son "dúas das máis novas e brillantes intérpretes da actualidade".
Noemí Salomón pianista
A intérprete redondelá falou do repertorio que poderá escoitarse no concerto de piano e canto.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará