Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O alumnado do Instituto Mendiño gaña o Club de Debate

RR_Noticias

Os alumnos de bacharelato do instituto Mendiño fixéronse co primeiro premio da fase provincial do Club de debate que organizan os servizos de Normalización Lingüística de distintos municipios de Galicia e no que participou por primeira vez este centro de Redondela. O alumnado tivo que defender distintas posturas sobre temas de actualidade como a xenofobia ou o racismo e confrontalas contra os equipos doutros centros de toda Galicia.

Nesta fase da final provincial, logo de superar os debates anteriores, os mozos e mozas de 3º da ESO enfrontáronse ao IES Luis Seoane de Monte Porreiro logrando facerse coa primeira posición. Todo un éxito para un centro que se sumou por vez primeira a esta iniciativa englobada no Club de Debate que organizan os servizos de Normalización Lingüística de diferentes municipios de Galicia e que busca fomentar o diálogo, o espírito crítico e o respecto coas distintas opinións entre o alumnado.  

Xenofobia e racismo
Os alumnos tiveron que posicionarse neste tema

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará