Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Unha grúa colide contra dous vehículos na Rúa Estación en Chapela

RR_Noticias

Unha grúa que estaba traballando na retirada dun vehículo accidentado foi a protagonista dun accidentes acontecido este martes na Rúa Estación en Chapela, segundo informa a Policía Local de Redondela. Non hai que lamentar danos persoais pero si danos materiais de consideración xa que a grúa, que se deslizou por unha pendente logo de perder a adherencia ao firme, levou por diante dous turismo que estaban estacionados, un dos cales precipitouse a unha finca particular.

Os feitos producíronse cando os axentes estaban intervindo nun accidente a escasos metros. O gindastre, que se trasladara ao lugar para facerse cargo dun dos vehículos accidnetados, perdeu a adherencia ao firme deslizándose por unha pendente duns 50 metros sen control polo camiño do Subido, ata colidir contra dous vehículos estacionados. Como consecuencia do impacto, un dos vehículos rematou nunha propiedade.
Un accidente que non deixou ningún ferido, aínda que si hai que lamentar danos materiais de consideración.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará