Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Chapela participará na Liga Galega de Traiñeiras Femenina e na LG-B xunto a Cesantes

RR_Noticias

A liga Galega de Traiñeiras confirmou onte a composición das tres categorías das que constará este ano 2019, no que bate marcas ao contar con 28 embarcacións nas que remarán 620 deportistas. Haberá dous barcos máis que a pasada campaña, un na liga B e outro na Feminina. Redondela contará con tres embarcacións esta temporada.

 
Na categoría feminina prodúcense as maiores novidades referidas aos clubs da Ría de Vigo, coa presenza de Chapela e tamén Tirán-Pereira. Competirán con Cabo da Cruz, subcampioa da pasada tempada, Perillo e Mugardos, que tamén repiten. E suman Mecos-Coruxo. En homes, a liga A recibe á descendida desde a ACT Tirán-Pereira, que se topará con nove traiñeiras que xa competiron polo título galego o pasado ano: Samertolameu, Ares, Mecos, Bueu, Mera Rianxo, Cuca-Vilaxoán, Poboa e Amegrove, con dous ascendidos desde a B: Cabo da Cruz e Muros.
Cesantes por Virxe da Guía
Por último, na liga B participa este ano o C.D.C. Cesantes, logo de dous ano fóra, e sae da competición a viguesa Virxe da Guía. Compartirá temporada co C.R. Chapela, que baixou da LG-A xunto a Coruxo e Castropol, e as embarcacións de Cabana-Ferrol, Vila de Cangas, Cedeira, Salgado-Perillo, Mugardos e Esteirana. O próximo día 30 darase a coñecer o calendario.
Bronce para os veteranos de Chapela en Orio
Gran regata do equipo de veteranos do C.R.Chapela no Descenso de Orio, onde foron terceiros, logo de que o ano pasado os redondeláns acadaran a segunda praza. Foron 82 as embarcacións que participaron na proba organizada polo Club Remo Olímpico Orio. En total acudiron máis de 1.000 remeiros de toda España e tamén dous barcos holandeses. Chapela foi bronce por detrás de Nat Badalona, segundo, e 13 ZAE de Zarautz, campión. Outra embarcación galega, Ares, foi 4ª.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará