Hoxe é Domingo 6 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A SAR faise co derbi e o Chapela di adeus

RR_Noticias

A vixésimo terceira xornada de liga de División de Honra Prata deixou o derbi local de Redondela, con victoria para a SAR Rodavigo por 28-21. A derrota condena ao equipo de Chapela, que está matematicamente descendido. Nas categorías masculinas dúas vitorias a domicilio: o Chapela impúxose no Morrazo ao Bueu e a SAR gañou en Vigo ante o Seis do Nadal.

Honra Prata Feminina
SAR Rodavigo 28-21 Cíes Obra Civil Chapela
A SAR Rodavigo e o Cíes Obra Civil Chapela víronse as caras o sábado no pavillón da Marisma, onde se impuxo o conxunto local (28-21). As de “Chini” déronlle a volta ao marcador logo de comezar perdendo. O cambio de porteira na SAR foi determinante. Coa saída ao campo de Lucía o marcador pasou dun 9-13 a un 18-14 en pouco máis de dez minutos. Con este resultado, a SAR mantense no oitavo posto da clasificación con 25 puntos, mentres que o Chapela segue como pechacancelas con só tres, e confirma matematicamente o seu descenso. Na próxima xornada dispútanse os encontros Lanzarote-SAR e Chapela-Cleba.
Primeira Nacional Masculina

Bueu Atl. 27-33 Rodosa Chapela
Próxima xornada Chapela-U.Financiera
Primeira Autonómica

Seis do Nadal 19-26 SAR Plastic Omnium
Próxima xornada SAR-Pabellón

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará