Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Concello presenta as obras para o Campo de Fútbol do Cesantes

RR_Noticias

A obra no campo situado na parroquia do Viso inclúe a instalación de céspede artificial de última xeración e a renovación da rede de saneamento e drenaxe. O novo campo incluirá o sistema de rego e a iluminación de baixo consumo, concordando así coa política de eficiencia enerxética. Instalaranse tamén novas porterías, novas bancadas e mobiliario. O peche perimetral será de valado metálico electro soldada. O total das obras ascende a máis de 360.000 € financiados integramente polas arcas municipais.

O alcalde de Redondela Javier Bas, xunto co concelleiro de Deportes, Julio Mougán, coa empresa adxudicataria, dirección de obra e a presidenta do Club Cesantes, visitou o Campo de Cesantes para ultimar os detalles para comezar as obras nos vindeiros días.
Esta é unha actuación moi demandada polo Club Cesantes e que dende o Concello se intentou que se iniciase a través dun convenio coa Deputación Provincial. Pero ante a falta de interese por parte da entidade provincial, o Concello de Redondela decidiu financiar o 100 % da obra.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará