Hoxe é Martes 23 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A oposición fala de actitude caprichosa de Bas e o PP acusa aos socialistas de querer censurar o pleno

RR_Noticias

O PP acusa ao PSOE de antidemocrático por querer censurar a moción de reprobación de Carmela Silva e os responsabilizan de que o alcalde Javier Bas tivera que levantar o pleno de onte logo de que o secretario, ante un recurso presentado polos socialistas, aconsellase aplicar de xeito restritivo o Regulamento Orgánico do Concello. Os socialistas negan ningún tipo de censura e insisten en que a súa petición de retirar a moción responde ás posibles implicacións xurídicas ao atentar a honra da presidenta de Deputación. O BNG fala de actitude caprichosa e antidemocrática do alcalde” mentres que AER entende que a situación vivida onte se tería evitado modificando o Regulamento do Concello tal e como veñen pedindo dende hai anos.

Visións opostas do acontecido no último pleno municipal que se levantaba antes de tempo ao retirar o alcalde as mocións pendentes de debate. Os populares responsabilizan ao PSOE, e máis concretamente a súa candidata e concelleira, Digna Rivas, do acontecido por “intentar censurar” que se debatese a moción na que se pedía a reprobación de Carmela Silva. Engaden que “foi esa petición do PSOE para que o secretario se posicionase en torno a dita moción a que derivou en que se rompese un acordo tácito en Redondela de debater todo tipo de propostas”. Pola súa banda, a oposición critica a Bas por retirar as mocións do pleno nunha “actitude caprichosa e antidemocrática” en palabras de Xoán Carlos González do BNG quen afirma que a intención do alcalde era “sabotear a soberanía do pleno e impedir que se debatan cuestións de relevancia para a cidadanía”. Unha opinión que comparte o edil non adscrito Enrique Fojo quen apuntaba que a decisión de retirar as mocións “demostra que o que lles importaba era a función de teatro que tiñan pensado interpretar atacando a Carmela Silva e non os problemas de Redondela”. Os edís de AER, malia non levantarse do pleno, si entenden que se debería ter continuado co debate porque había mocións relevantes. Afirman que o acontecido responde a negativa dos grupos a modificar o Regulamento Orgánico do Concello (ROC) tal e como eles veñen demandando dende hai anos. Finalmente, para os socialistas a decisión de non continuar co debate responde “a incapacidade de Javier Bas de conducir o pleno” e insisten en que o seu interese por non debater a moción de reprobación a Carmela Silva radica en que se atenta a súa honra o que podería ter consecuencias xudiciais para o concello.  

Carmen Amoedo PP
Os populares acusan a o PSOE de queren introducir a censura nos plenos
Xoán Carlos González BNG
Os nacionalistas falan de actitude caprichosa e antidemocrática de Bas
Xosé Covelo AER
Entenden que de terse modificado o ROC como eles pediron isto non tería acontecido
Digna Rivas PSOE
Os socialistas acusan ao alcalde de incapacidade para conducir o pleno
Enrique Fojo edil non adscrito
Entenden que o PP agarrouse a recomendación do secretario para evitar a súa propia moción polas implicacións que podería ter

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará