Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A oposición abandona o pleno tras retirar Javier Bas as mocións da orde do día

RR_Noticias

A moción presentada polo PP para solicitar a reprobación da presidenta de Deputación, Carmela Silva tivo onte unhas consecuencias inesperadas. Logo de que a socialista Digna Rivas presentara un recurso solicitando que se retirase ese punto por entender que se atentaba a honra de Silva o que podería ter consecuencias legais para o concello, o alcalde solicitaba ao Secretario que se posicionara ao respecto. O funcionario explicaba que efectivamente a moción sobre a presidenta da Deputación non procedía do mesmo xeito que tampouco o resto das mocións presentadas porque “non son de competencia municipal ou son meramente rogos”. Javier Bas decidía retirar todas as mocións, decisión non compartida polo resto dos grupos. PSOE, BNG e o edil non adscrito abandonaban o pleno que acababa así de xeito prematuro.

A moción presentada polos populares en torno a reprobación de Carmela Silva pola súa suposta responsabilidade no caso do enchufe da súa cuñada foi o punto de inicio dun conflito que rematou cos grupos da oposición levantándose do pleno. O secretario explicaba que o artigo 18 do regulamento orgánico ten que versar sobre cuestións municipais polo que a moción presentada polo PP non tiña cabida no debate ao non estar vinculada á xestión pública. Con todo, a súa intervención non remataba aí xa que engadía o secretario que “tampouco habería lugar a debater o resto das mocións por non estar relacionadas con competencias municipais ou tratarse de rogos polo que recomendo que se retiren todas elas”. Explicaba tamén que ata o de agora se fixera unha “interpretación flexible do regulamentos” pero que para evitar este tipo de conflitos a súa recomendación é facer unha “interpretación ríxida do mesmo” Ante esta intervención o alcalde decidía “atendendo aos criterio do secretario” retirar todas as mocións e convocar aos grupos a unha reunión de cara ao vindeiro martes para decidir que facer a partir de agora. Unha decisión que non compartían os grupos da oposición que instaban ao alcalde a continuar co pleno retirando o moción concreta sobre Silva e mantendo o resto das presentadas, polo que PSOE, BNG e edil non adscritos decidían abandonar a sesión. Será o martes polo tanto cando os grupos presentes na corporación decidan como abordar as cuestións que ata o de agora chegaban a pleno a través das mocións e que permitían debater de practicamente calquera cuestión.  

Informe do Secretario
De forma oral manifesta que as mocións non teñen cabida tal como están presentadas
Javier Bas alcalde
Decide retirar as mocións do pleno
Xoán Carlos González BNG
Pedía que aló menos o resto das mocións si se debatiran
Noé Cano AER
Instaba a seguir co pleno
Digna Rivas PSOE
Abría a porta a debater a moción sobre Carmela Silva malia insistir en que se estaba atentado contra a súa honra
Carmen Amoedo PP
Critica aos socialistas por querer evitar unha moción e so responsabiliza do levantamento do pleno

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará