Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un traballador perde dous dedos cando manipulaba un vehículo en Chapela

RR_Noticias

Un home de 59 anos de idade e veciños de Mos sufriu onte un aparatoso accidente laboral cando se atopaba manipulando o motor dun autobús. A consecuencia do accidente o ferido sufriu a amputación de dúas falanxes da man segundo informa a policía local. Foi trasladado ao hospital Povisa para ser intervido e valorar a posibilidade de reimplantarlle os dedos.

Os feitos tiveron lugar no mediodía de onte mércores no Alto da Encarnación en Chapela e foi a muller do accidentado quen deu a voz de alarma. Ata o lugar desprazouse unha patrulla da policía local e atopouse co ferido coa man envolta e os dedos amputados nun vaso. O accidente produciuse cando o home estaba a traballar no motor dun autobús e as correas lle engancharon a man, amputándolle dous dedos.
Unha ambulancia do 061 trasladou ao ferido ao hospital Povisa co obxecto de valorar as feridas así como a posibilidade de reimplantarlle as falanxes amputadas.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará