Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

23 comparsas e 1300 persoas participan no desfile de Entroido

RR_Noticias

Dende o Concello salientan o incremento de actividades orientadas ao público máis novo cun entroido infantil na tarde do sábado a partir das 17:00 horas e obradoiros de cociña e máscaras venecianas tanto o luns como o mércores da vindeira semana. En previsión do mal tempo as actividades desenvolveranse nunha carpa na pista da Xunqueira. O alcalde aplaude a elección do meco “que baixo unha aparencia simpática agocha unha reivindicación moi seria: a eliminación da peaxe en Rande”.

Como cada ano a visita dos escolares a casa do concello na mañá do venres dará o pistoletazo de saída a un entroido que se prolongará ata o día 9 de marzo con enterro do berete en Chapela. Unha das novidades máis salientables nesta edición é a de dedicar unha tarde de festa ao rapaces coa organización de obradoiros de disfraces, inchables e photocall na tarde do sábado que incluirá tamén un desfile polas rúas de Redondela e un concerto infantil a cargo de “As aventuras de Paio” na praza da Constitución. O domino serán máis de 1300 persoas as que participen do desfile de comparsas que sairá ás 18:00 horas  dende o campo da feira ata Vilavella. Un total de 23 comparsas que aspiran a levarse algún dos premios que outorga o Concello. O luns e mércores haberá obradoiros para os cativos na praza da Casa do Concello en horario de tarde, de 17:00 a 19:00 horas mentres que o martes de entroido terá lugar a cita máis participativas con propostas para todas as idades e a queima do meco precedida dun pasarrúas “O dragón de Luz” e un espectáculo acróbata aéreo. As celebracións chegarán ao seu remate o sábado 9 que contará con máis de 800 participantes e un total de 17 comparsas que conformarán a comitiva que acompañará ao berete ata a praia de Arealonga onde se procederá a súa incineración.  

Javier Bas alcalde
Anima aos veciños a participar e fala do meco que arderá o martes
Angela Antón Concelleira eventos
A novidade principal é o entroido infantil
23 comparsas
Un desfile para a tarde do domingo
Queima meco
Unha cita de lume na tarde do martes
As aventuras de Paio
Música e concerto infantil

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará