Hoxe é Xoves 18 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Cursos de lingua de signos para todas as idades

RR_Noticias

A Organización de Discapacidade sensorial de Galicia (XOGA) en colaboración co concello de Redondela organiza de cara ás vindeiras semanas unha serie de cursos gratuítos que están orientados a diferentes idades. As persoas interesadas deben inscribirse no enderezo formación@ organizacionxoga.org enviando o seu nome, DNI e curso elixido. As prazas adxudicaranse por orde de inscrición.

Todos os cursos arrancarán na primeira semana de marzo con propostas para o público adulto, nenos e nenas de 4º de primaria a 3º de ESO e un curso de iniciación orientado a rapaces de ata 3º de primaria acompañados dun adulto. Os cursos impartiranse en Chapela e no Multiúsos de Redondela e os horarios varían dependendo do curso elixido. O obxectivo da actividade é que os participantes adquiran as competencias para se comunicar con persoas que presentan deficiencia auditiva. Unha lingua baseada no movemento xestual que se aprende dun xeito dinámico e divertido. De feito, segundo explcia dende Xoga, Raquel González “moitas veces os alumnos chegan con papel e boli pero é un material que mellor deixalo na casa porque as clases son moi activas e non hai que tomar apuntes”.  

Raquel González Xoga
Curso dinámico

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará