Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Soutomaior demanda á Xunta o inicio das obras de saneamento na ría

RR_Noticias

O pleno aprobou por unanimidade unha moción do BNG neste sentido que pasa por enviar un escrito a Augas de Galicia para esixir que se concreten prazos para o saneamento e que se inicien coa maior urxencia as obras nas depuradoras de Arcade e Comboa. Tamén se aprobou dar axudas ao sector marisqueiro para sementar ameixa naquelas zonas afectadas pola mortaldade do marisco.

O Concello de Soutomaior celebrou un pleno extraordinario solicitado polo BNG para acadar un acordo para o saneamento da ría de Vigo. Durante o pleno, o portavoz municipal do BNG destacou que “o saneamento da ría é algo que debe unirnos a todos e a nosa intención é a de acadar ese acordo para que o saneamento se execute dunha vez por todas e para que poidamos atender ás necesidades do noso sector marisqueiro.”
O obxecto da moción aprobada é que se determinen as partidas para as depuradoras xa que estas non aparecen nos orzamentos da Xunta por ser parte dos fondos FEDER “levamos anos con esta problemática e tan só vemos anuncios xa que a día de hoxe non sabemos os prazos de cando se van iniciar as obras”. O acordo pasa por enviar un escrito a Augas de Galicia poñendo de manifesto a importancia desta actuación para o concello e esixindo que se nos dean os prazos e a información dos proxectos de mellora das dúas EDAR do concello de Soutomaior.
Manu Lourenzo destacou que “hai máis de 8 meses que se anunciou un investimento de 2,5 millóns de euros para as depuradoras de Arcade e Comboa pero a día de hoxe os meses pasan e as obras non chegan”.
O BNG tamén propuxo unha partida de 20.000 euros para axudar ao sector marisqueiro polos problemas derivados da mortaldade de ameixa que se produciu nalgunhas zonas. Unha cantidade que se destinaría a sementar ameixa. Malia apoiarse a proposta o PP pospuxo a súa contía a unha xuntanza na vindeira semana cos representantes do sector.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará